Sunday 05 de May de 2024

Vendidas máis da metade das entradas para o Xantar de Confraternidade da Pobra


A Pobra do Caramiñal retoma no 2 de decembro o Xantar da Confraternidade; unha cita destinada en exclusiva ás persoas maiores de 60 anos que agarda reunir un máximo de 850 comensais no polideportivo de Venecia, ás 14.30 horas.

O Concello abriu o período de inscrición hai unha semana, no día 14, e xa se levan vendidas máis de 500 entradas. O prazo para se anotar continúa aberto ata 29 de novembro, de luns a venres, en horario de 09.30 a 14.00 horas, no primeiro andar da casa consistorial.

O prezo é de 15 euros por persoa, que se deberán aboar preferiblemente mediante a tarxeta. O menú constará de dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), engaden que a xornada estará amenizada por dous grupos e tamén se realizará un sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras. A recepción contará coa música tradicional de Trécola, mentres que Puzzle marcará o ritmo do baile da tarde.